Neste libro, Juanjo Lamelas explica a fisica cuantica coma se fose un conto. E para facilitar a comprension valese dun protagonista chamado Electroncio, unha particula elemental que aproveita as suas propiedades de ente cuantico para relatar dende dentro o estrano mundo no que vive. Grazas a ela, o autor contanos como transcorreron as cousas dende os albores da historia ata o presente. Asi, chegamos a mecanica cuantica, unha teoria perturbadora e misteriosa, ferramenta imprescindible para comprender multitude de fenomenos que pasan ao noso redor, moitos dos cales forman parte da nosa vida cotia.