O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Kung, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus. Cales son os motivos desa prohibicion? Tito Besteiro, un seminarista aspirante a sacerdote e admirador de Nietzsche, intenta desentranar os motivos da prohibicion, percorrendo un intrigante camino que o levara a cidade alema de Tubinga, onde perdura a historia do tradicional enfrontamento entre a Igrexa tradicionalista de Ratzinger e a vangardista de Kung. O castigo que sofre polo seu atrevemento abreo a aventura do amor e axudalle a superar a misoxinia que lle inculcaron, pero, ao tempo, pono en situacion de ter que decidir sobre o seu futuro. Conexion Tubinga, a primeira novela que publica Alberto Canal, e unha intriga teoloxica que encerra a historia dun rapaz que trata de buscar a sua identidade e o sentido da vida nun ambiente de represion emocional e sexual. Esta novela foi a Finalista da XXV edicion do Premio Xerais.