Tras a explosion no reactor 4 da planta nuclear de Chernobil todo semella inerte na cidade do atomo. Desde a sua evacuacion, Pripiat e unha cidade en ruinas que os pequenos e as pequenas, ante a ausencia de adultos, se afanan por manter en funcionamento. Todos agas Lena Petrova, diferente e solitaria, que non e quen de atopar o seu lugar entre as ruas e edificios baleiros. Non hai nin rastro da sua mellor amiga, Svetlana, e agarda con ansia o regreso da sua nai. Tan so o enigmatico Mascara parece adaptarse tan mal coma ela a nova orde das cousas. Que segredo agochara?