Os cientificos do Proxecto Prometeo crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto cientifico que os bioenxeneiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergaminos atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlantida. Aqueles pergaminos, redactados nunha lingua desconecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaban segredos ocultos, capaces de construir un novo futuro para a ciencia e para a humanidade. A fuxida de A-cero e o seu encontro con Eva e o seu tio Fran desencadeara a busca da chave que permita entrar na Atlantida, unha civilizacion en estado de hibernacion, a que semella poder accederse dende as viguesas illas Cies. A chave da Atlantida e unha novela de ciencia ficcion na que, a un ritmo trepidante, se mesturan os mitos dunha civilizacion antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxias e da robotica do futuro. Unha aventura que non da tregua, onde non falta nin o amor nin as persecucions nin as probas fantasticas, na que se somete a indagacion dos lectores e lectoras novos un dos topicos da mitoloxia clasica.