Siirry suoraan sisältöön
  1. Kirjat
  2. Romaanit
  3. Nykyromaanit

Atuado na brana

Atuado na brana relata a teima de Luis Salgueiro Pardo, un empresario da construccion acomodado e triunfador na procura do seu pasado. Un segredo familiar, revelado pola sua nai, convertese na chispa que provoca a busca das suas raices e a verdadeira identidade da sua familia bioloxica. Luis Salgueiro deixara o temon da sua empresa en mans de persoas da sua confianza e acometera unha viaxe apaixonada cara as suas orixes agachadas na Casona do Savinao e na brana lamacenta de Bouzuas, onde se ocultan, dende hai anos, a Meiga e duas rapacinas novas. Unha viaxe na que Luis Salgueiro ponera en risco a sua propia vida e supora reavivar unha ferida que, despois de corenta anos, ainda segue aberta. A represion militar dos anos da posguerra (cando a garda civil perseguia aos ultimos guerrilleiros), os receos da xente da aldea, a crueldade dunha implacabel e feroz persecucion que non rematou e unha vida que, paseninamente, se vai esfarelando, levaran, nunha narracion cargada de intriga, a descuberta duns froitos que so a porfia dun home capaz de enfrontarse aos demais e a natureza pode acadar. O eixo desta novela extensa e ambiciosa, escrita nunha prosa fermosisima e engaiolante, reside na necesidade que sente o protagonista, ese antiheroe vividor e elitista, de acometer unha descuberta profunda sobre quen e, sobre o que sente, sobre a necesidade de enfrontarse o que non sabe de si mesmo, anque poida sucumbir e perder todo aquilo que posue. Novela longa a vella usanza, impregnada de intriga sabiamente dosificada, que non se resolve ata a ultima das suas 628 paxinas, aborda outros temas de actualidade: a corrupcion politica e empresarial, os modelos de uso do idioma, as relacions interpersoais de amizade e de parella, o pensamento mitico, ou as formas de vida tradicionais no mundo rural galego. Atuado na brana e unha historia do presente que, coa mestria dunha trama inzada de paixons, odios, obsesions e desencontros, remexe no pasado para encarar a procura da identidade.

Kirjailija
Xabier Quiroga
ISBN
9788499145969
Kieli
galicia
Julkaisupäivä
22.10.2013

Atuado na brana - Xabier Quiroga - E-kirja (9788499145969) | Adlibris kirjakauppa