Marta Vilas, redactora xefa do Xornal Galaico , recibe unha invitacion para participar na viaxe inaugural do Xacobus , un cruceiro desenado para proporcionar unha experiencia unica aos pasaxeiros de alto nivel economico que buscan facer a ruta maritima do Camino de Santiago sen renunciar a todo luxo de comodidades. Entre a selecta pasaxe, parten de Vigo unha parella multimillonaria en viaxe de noivos, unha youtubeira, un policia de incognito e tamen Sombra Dixital, un pirata informatico que pretende secuestrar o barco. Durante a axitada travesia desencadearanse intensos e misteriosos acontecementos que a xornalista e o policia intentaran esclarecer. Nun momento en que os grandes clasicos da literatura universal son obxecto de reescritura, Elena Gallego Abad atrevese a parodiar un titulo indispensable da literatura policial, Death on the Nile , de Agatha Christie, trasladando a trama a Galicia do seculo XXI e recuperando nesta novela a parella de investigadores Marta Vilas e Fernando Prieto para embarcalos nunha apaixonante aventura.