Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saia da reunion do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro a cabeza, Oscar Quiroga, presentou a sua dimision. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuna a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congreso de Santiago de Compostela. Segundo fontes da Delegacion do Goberno, o pistoleiro achegouse ao parlamentario e asestoulle tres tiros, fuxindo posteriormente nun vehiculo Renault Clio. Un dos disparos impactoulle na cabeza, provocandolle a morte. Os servizos sanitarios trataron de reanimalo no lugar do crime, sen exito, durante media hora. O presidente en funcions da Xunta de Galiza, Felipe Mendez Tarrio, cualificou o suceso de "e;atentado contra a democracia"e;. O vicepresidente Oscar Quiroga, amosouse "e;conmocionado"e; e afirmou que "e;Galiza sabera estar a altura das circunstancias"e; ante un asasinato "e;que enche de rabia a todos os democratas, e especialmente aos nacionalistas galegos"e;. Fernando Xelmirez, secretario xeral UPG, partido integrado no Bloque e no que o parlamentario militaba dende 1982, amosouse conmocionado polo suceso e cualificou a Dacosta de "e;camarada insubstituible e extraordinario patriota galego"e;. Horas antes do crime, Oscar Quiroga anunciara a sua dimision ao comezo do consello nacional da formacion frontista, conclave no que tamen presentou a sua renuncia toda a executiva. Abriase asi unha nova etapa despois da derrota sufrida nos comicios autonomicos do 1 de marzo, cuxos resultados devolveron a maioria absoluta ao Partido Popular en detrimento do bipartito formado por PSdG-PSOE e BNG. Alberto Cudeiro, un detective elegante con infulas taoistas, recibira da direccion do BNG o encargo de investigar este crime, que o levara, tamen, a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.