Na colonia Seavia, situada nun dos outeiros da cidade de Santa Clara, morren cada ano mais de trinta mulleres, homes e nenos vitimas da violencia. Os seus habitantes estan todos xordos, mudos e cegos, porque saben que as palabras poden matar. Todos agas o Chibo e os seus sicarios, que campan polo barrio como amos e senores de todos os que ali malviven. Rapaces como Efren, Marcelo e Alexandre, que acoden as aulas do mestre Abimael, mozas como Daiara que traballa de costureira nun pendello, mulleres como Maisa ou Dona Rosa, saben que o perigo axexa naquelas calellas labirinticas. Cando aparece Silencio, un guedellan que so fala coas mans e coa faciana, ninguen sabe que a sua presenza mudara a vida dun barrio sen sonos nin esperanzas, onde ninguen cre nos milagres e cuxos habitantes non miraban adiante e tampouco querian mirar atras.