Maria colleu un avion a Santiago de Compostela, onde a esperan os seus curmans Pablo e Martino, para pasar unha semana de vacacions coa avoa Berta. Unha sorpresa agarda aos tres rapaces na casa de Santa Cruz de Ribadulla: deberan compartir a estancia con varias amigas da avoa, que venen participar nun congreso de meigas. Tras a desaparicion dunha vella chave da avoa e tras a presenza daquelas mulleres agochase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeracion tras xeracion, que pasou de bocas a oidos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.Unha emocionante novela de intriga no seculo XXI. Unha trepidante viaxe no tempo a Galicia castrexa do primeiro seculo, cando chegaron aos territorios da raina Lupa uns estranxeiros que traian o corpo do Apostolo Santiago desde a afastada Palestina.