A protagonista de As augas interiores embarca rumbo a Terranova nun buque de salvamento maritimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio. A nave non da avanzado, xira arredor de si mesma igual ca unha obsesion ou un remorso, custalle subir cara as augas frias onde se amorean os restos de afundimentos e os cadaveres. Entre a tripulacion, salienta o grupo dos mergulladores, estirpe sinistra que e quen de conversar cos monstros marinos e coas sereas, irresistibles e letais. Neste texto, que non respecta as barreiras dos xeneros pero que poderiamos cualificar como novela de aventuras e thriller psicoloxico, atopamos momentos de tension absoluta que conseguen centrar a atencion do lector e arrastralo ata as simas mais fondas do xelido oceano.