Cando o doutor Vitor Moldes comeza a traballar na clinica psiquiatrica Beira Verde, ten como primeira paciente a Laura Novo, unha muller coa memoria borrada, que ocupa as horas do dia en escribir de xeito compulsivo o seu nome, aferrada a el coma se fose o unico resto dalgun naufraxio emocional. Mediante unha terapia innovadora, o doutor consigue que a paciente abandone a sua prision interior e comece a lembrar o seu pasado. Escribao todo, reviva outra vez o que pasou. Escriba o que non e capaz de expresar con palabras en voz alta. Asi iran collendo sentido as lembranzas que agora permanecen enmaranadas na sua memoria. O doutor conseguira que Laura rememore todo o que lle sucedeu nos meses anteriores, cando unha escura sombra parecia ameazar a sua vida. Ningun dos dous podia imaxinar que lle estaban abrindo a porta a unha realidade terrible, ao esqueceren que por baixo da tranquilizadora superficie da vida os terrores mais fondos agardan a ocasion propicia para destruirnos.