Gå direkt till innehållet
  1. Böcker
  2. E-böcker & ljudböcker

Home sen nome

Författare:
galiciska
94 kr
Lägsta pris på PriceRunner

Nano, encamado no cuarto dun hospital, acompana durante dous dias a un vello terminal, so, entubado e consumido fisicamente. O vello, un home sen nome, un enigma invadido polas lembranzas, entre o delirio e o sono provocados pola medicacion, enunciara o monologo da sua arrepiante biografia centenaria. Unha vida desacougante, condicionada pola perda prematura da nai, a presenza da sombra do seu irman xemelgo, o seu paso polo Berlin onde emerxia o nazismo co que axina simpatizou, o seu protagonismo nas sacas da feroz represion do 36 en Compostela ou a sua participacion como voluntario na Division Azul. A visita de Celia, unha xove guionista, obrigara ao vello sen nome a confesar lucidamente, sen rastro de arrepentimento nin remorso, a sua participacion en multiples fusilamentos, torturas e violacions e as suas razons para facelos...Empregando formas achegadas ao drama, Suso de Toro ofrece a sua obra literaria mais ambiciosa: un relato de ficcion intenso e emotivo onde pairan como teon de fondo os acontecementos da represion en Galicia durante os dias do alzamento e os anos da posguerra. Unha reflexion perturbadora sobre a memoria que deita a mirada dun dos verdugos. Unha novela que procura as palabras necesarias que expresen e absolvan tanta dor afogada.

Författare
Suso De Toro
ISBN
9788499146430
Språk
galiciska
Utgivningsdatum
2014-01-28