"e;Tecermos redes, crearmos comunidade. Estudos sobre a obra de Maria Reimondez"e; e un monografico que conten un conxunto de estudos cuxa vontade e a de reflectir a riqueza literaria dunha das maiores escritoras con que conta hoxe en dia o sistema literario galego. Neste sentido, considerouse interesante traballar no tempo da autora debido a que as suas tematicas tocan de preto e implicanse fortemente coa(s) nosa(s) realidade(s) e co xeito que temos de habitar o mundo, de nomealo e de relacionarnos con el. E por este motivo polo que achegamos unha parte didactica orientada aos equipos docentes galegos que queiran traballar dunha maneira ludica e alternativa algunhas das suas obras; como tamen unha outra de caracter mais formal e cientifico e un texto literario que rele a obra mais sonada da autora. Deste xeito, deixamos constancia do necesario fio condutor que existe entre literatura e docencia, ao tempo que constatamos a utilidade politica e transformadora da palabra de Reimondez. O presente volume, en resumo, non e un monografico ao uso, porque queriamos facer deste libro o trasunto do mundo que Reimondez nos agasalla nos seus libros: un mundo plural, diverso e feminista. Autoras dos artigos: Alba Cid, Antia Marante Arias, Charo Lopez Sanches, Eli Rios, Fernanda Gonzalez Briones, Lara Dopazo Ruibal, Maria Boguszewicz, Maria Rosendo, Maria Vilarino Suarez, Marina Fernandez Reino, Mercedes Queixas Zas, Natalia Oriol Fuguet, Neil Anderson, Patricia Mateo, Rosalia Fernandez Rial, Sabela Pena Garcia, Xoan Lopez Vinas.