O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os "e;Cantares Gallegos"e; de Rosalia son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares. Non obstante, a musica sempre estivo ausente nas clases de literatura. En 1999 Luisa Villalta publicou "e;O outro lado da musica, a poesia"e;, libro-referente, onde puxo en valor a mutua atraccion que senten entre si ambas as duas artes. Seguindo o seu metodo, penetramos na selva vizosa da musica galega contemporanea para procurar esa unidade primixenia. E buscamola especialmente nas marxes, territorios case invisibeis para o gran publico, onde medra cada dia o poder da creatividade.