Gå direkt till innehållet
Polaroid
Polaroid
Spara

Polaroid

Författare:
Galician
Lägsta pris på PriceRunner
Läs i Adobe DRM-kompatibel e-boksläsareDen här e-boken är kopieringsskyddad med Adobe DRM vilket påverkar var du kan läsa den. Läs mer
A publicacion de Polaroid supuxo un fito na literatura galega moderna e provocou un decidido cambio de rumbo narrativo. Considerado como libro aberto, Polaroid descubriuse como unha autentica maquina de fabricar significados en todas as direccions, un verdadeiro artefacto literario que aborda tanto as cuestions do tempo contemporaneo como da memoria, deitando unha mirada sobre o pais: na ruptura co seu pasado, na esgazadura da cidade que esquece o campo, do presente que esquece o pasado. Un libro coa alma fracturada, concibido para mergullarse no seu tempo e pelexar furioso contra el. Foi precisamente esa vontade iconoclasta a que lle concedeu unha impresionante acollida por parte dos lectores e lectoras, convertendose nun libro polemico, discutido, grotesco, aplaudido, absurdo, desmitificador, burlon, innovador, critico, hilarante, provocador... O propio Suso de Toro cualificouno daquela como estalido de furia inspirado polo punk . Polaroid , que recibiu o Premio da Critica Galicia en 1987, enlazaba tanto co underground dos anos setenta como co tempo da cultura pop, da producion de obxectos industriais de consumo en serie, cos medios de comunicacion audiovisuais e coa musica pop anglosaxoa. Hoxe e, sen dubida, un clasico, un referente inevitable das nosas letras.
Författare
Suso De Toro
ISBN
9788491211761
Språk
Galician
Utgivningsdatum
2017-04-27
Tillgängliga elektroniska format
  • Epub - Adobe DRM
Läs e-boken här
  • E-boksläsare i mobil/surfplatta
  • Läsplatta
  • Dator