Esta e a historia de Carola, unha nena cunha grande imaxinacion e unha habilidade ainda mais grande para adaptar a realidade ao seu favor. Ou dito doutro xeito: para mentir. Pero que sucede cando as suas invencions toman vida propia? O que comeza como unha mentira inocente acaba levando a Carola a unha caotica aventura chea de humor e aprendizaxe, onde tera que enfrontarse as consecuencias das suas palabras e descubrir o valor da verdade. A verdade e a mentira, a familia, a amizade e a aceptacion persoal son alguns dos temas desta divertida novela que ganou o XVIII Premio Raina Lupa a mellor obra infantil de 2024.