Un poema e un ser vivo que anda. Parafraseando o noso poeta nacional, Manuel Maria, prolongamos a afirmacion de a literatura galega tamen e un ser vivo en constante evolucion, que soubo andar sen deter a respiracion ante os bos e os malos ventos de cada epoca; dar forma a utopia; focalizar no seu berro luces e sombras e procurar caminos liberados, sen renunciar ao paso firme, en todos os medios de transporte posibeis en cada contemporaneidade. Porque, da man dos escritores e escritoras, a literatura, como o poema, como o pobo que a nutriu, nunca estivo disposta a claudicar e aceptar a derrota ordenada por quen se interpuxo no camino nin asumir a pervivencia eterna das tebras. Porque a literatura, como o poema, nunca morre.