Logo de saber que padece unha demencia agresiva, a escritora Pilar Fonte recibe a encarga de escribir unha obra postuma. Pilar, xa con moitas dificultades, vaille ditando a unha amiga que a acompana algunhas pasaxes da sua vida e, sobre todo, a sua particular relacion co centro psiquiatrico San Simeon, que contemplou dende pequena asomada a venta do seu cuarto. Mais o vinculo de Pilar co centro non e de simple vecinanza, senon que vai moito mais lonxe do esperado. Nin ela mesma imaxinou nunca que a conexion coas persoas que o habitan chegaria a ser tan poderosa. Entre o realismo maxico e a dubida constante de canto e froito da memoria, Diego Giraldez guia os nosos pasos a traves dun relato cargado de sensibilidade pero tamen de frescura. Acompananos ata unha casa vella chea de mobles protexidos por sabas que imos retirando para descubrir os estragos do paso do tempo.