Gå direkt till innehållet
  1. Böcker
  2. Facklitteratur
  3. Konst & kultur

Palcos e(n) ditadura

75,30 €

No volume revísanse as historiografías dramáticas ibéricas dos períodos ditatoriais de mediados do século XX, co fin de encher os vacíos aínda identificábeis. Así, especialistas na análise dramática e na investigación das artes performativas da centuria focan a escrita e as prácticas escénicas dese período quer na península, quer no exilio e na emigración.

Desde unha perspectiva ibérica comparatista que toma o galego como punto de partida, reúnense investigacións que oferecen lecturas renovadas sobre os diferentes sistemas teatrais peninsulares. Os traballos analizan obras que non tiñan recibido a atención crítica que merecían, densifican os estudos sobre a censura teatral, superan visións reducionistas do perfil dalgúns creadores para reivindicar a modernidade das súas prácticas, estudan os arquivos dos exiliados apontando títulos e autorías, salientan a relevancia do teatro importado durante ese período ou recoñecen a centralidade de dramaturgas marxinadas polo marco androcéntrico.

Undertitel
Perspectivas ibéricas a partir do teatro galego
Upplaga
25001
ISBN
9781803747996
Språk
galiciska
Vikt
594 gram
Utgivningsdatum
24.11.2025
Sidor
414