Se che contan que estou tolo, que me divirte moito falar de porcalladas escatoloxicas, ou se che din que me pega a risa por calquera parvada, non lles fagas caso, caca podre! Simplemente, son un xenio. Ese xenio e Mozart e ten 12 anos en 1768. Con este relato de misterio e aventura, Fina Casalderrey proponnos conecer a figura do xenial compositor a traves dunha viaxe polo Camino de Santiago ata chegar a Galicia. O libro conten un CD, coordinado e interpretado polo frautista Luis Soto, con cuartetos de Mozart para frauta e trio de cordas que dialogan coas musicas tradicionais galegas.