Se a Iria lle dixesen que ia ver un unicornio de verdade, non o creria; e se lle falasen dos seres mitoloxicos que estaba a piques de conecer (ollaparos, demos, xacias) pensaria que se burlaban dela. Por iso, cando atopa o unicornio Rixo e descobre que esta en problemas, debera aceptar que a realidade non e como imaxinaba e unir forzas con Tilo (outra humana que pode ver os seres ocultos) e con Xan (un diano burleiro queixon) para tratar de salvar o animal, e a si mesma. Unha aventura inesquecible por lugares que todos cremos conecer, pero que agochan maxia e seres fantasticos. Benvidas e benvidos ao Mundo Oculto!