Unha viaxe ao corazon dunha civilizacion desaparecida na bretema do tempo polos caminos da Historia e da Literatura. Un libro que mostra, a traves dos ollos dun escritor contemporaneo, a cultura de guerreiros relixiosos e unha epica poderosa que ainda latexa oculta dentro da cultura occidental. Unha aproximacion a grande epopea dos celtas irlandeses que durmiu semiagochada e dispersa durante seculos. Lugh, Breogan, Cu Chulainn, Finn, deuses, semideuses e heroes. O palido rei Artur, o que desapareceu no oceano celta rumbo a illa de Avalon, segue seducindo os europeos mais sonadores. N'O pais da bretema recontanse os latexos da alma celta desde a orixe, entre as brumas do mito e a lenda, ata o respirar das novas gaitas actuais. O embruxo dunha cultura que atrae inevitablemente os habitantes dun tempo que quere mitos, e dunha cultura que desconfia da maxia e do misterio. Desta obra xurdiu a necesidade de escribir un libro posterior, Morgun (Xerais, 2003).