Laura sempre foi unha nena alegre, forte e valente, pero ultimamente as cousas non lle van demasiado ben: sente que cada vez son mais os dias grises e comeza a dubidar de todo, incluso dela mesma. Menos mal que conta coa complicidade da avoa Carmela, con quen vai realizar unha viaxe ao pasado para entender por que se sente asi e decatarse de que pertence a unha saga de mulleres loitadoras. Un emotivo relato sobre a ansiedade na infancia e a fortaleza de sentirnos acompanados polos nosos seres queridos.