O proxecto "e;Galicia Encantada"e; naceu no seu dia para navegar pola internet e, agora, dez anos despois, faise libro. Unha parte dos documentos atesourados na web durante este tempo, revisados e actualizados, transmutanse en papel impreso coa gozosa pretension de compartir a marabilla dos mitos, lendas, ritos, contos e outros sucedidos, case sempre sorprendentes. Un cento de historias que percorren este Pais das mil e unha fantasias de norte a sur, de leste a oeste, do mar a montana, da terra ao aire, da auga ao lume. Viaxes de ida e volta, desde o mundo real ao imaxinario e viceversa, guiados polo saber de mais de medio cento de coautores que exercen de cronistas da memoria dunha Galicia sabia e autentica, irremediablemente encantada.