En Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego Luis Goncales Blasco Foz propon unha achega ao comportamento politico do poeta de Celanova: desde a sua vinculacion co movemento nacionalista das Mocedades Galeguistas, ate que foi expulsado da UPG e despois militou no PSG para, nos ultimos anos de vida ingresar, de forma testemunal, no PSOE. A obra, que trata tamen o contexto historico, literario e social da biografia de Celso Emilio, asi como da sua obra literaria, verte luz sobre certos lugares comuns reiterados noutro tipo de ensaios que pretenden afastalo da ideoloxia nacionalista. Manexando documentacion fidedigna, queda ben as claras o percorrido de Celso Emilio Ferreiro no ambito da UPG, desde a sua fundacion ate a sua expulsion, como tamen alguns capitulos nos cales o propio Foz , autor deste libro, foi coprotagonista dos acontecementos.